jueves, 17 de noviembre de 2011

Cursos gratuitos de moitos programas comúns.

Como reforzo ós contidos do módulo 1 do Pfac, déixovos un par de enlaces á páxina aulaClic , onde podemos encontrar cursos gratuitos de moitos programas informáticos de uso común, e que calquera de nós pode seguir dende a súa casa e cando mellor lle veña. Por exemplo, os dous programas que vimos a un nivel básico no módulo 1:
Ambos cursos cubren os contidos que nós vimos, e moitos outros que non tivemos ocasión de tratar. Conteñen exercicios prácticos que che poden axudar a adquirir máis soltura con estes programas.

Na páxina aulaClic se poden atopar moitos máis cursos, que cubren versións máis actuais dos mesmos e de outros programas e utilidades. Por exemplo: Windows 7, Word 2007 e 2010, Excel, PowerPoint, OpenOffice, Photoshop, Google Docs, Internet... e moitos máis.

Como me parece un recurso interesante para aqueles que teñamos interese en coñecer un pouco mellor algún de estes programas, incorporo o enlace a esta páxina na barra lateral, no apartado de Ferramentas.

Un saúdo.

No hay comentarios: