lunes, 16 de enero de 2012

JClic

Nesta estrada trátase dun dos programas incluídos nos equipos das aulas Abalar destinados a realización de actividades educativas: JClic.

JClic e un programa gratuíto escrito en Java, polo que é multiplataforma. É dicir, podemos instalalo e utilizalo en distintos sistemas operativos como Windows, Linux, Mac OS... Ademais permite a creación dos nosos propios proxectos dunha forma sinxela.

A páxina oficial de JClic, Zona Clic, contén máis de 1300 proxectos en distintos idiomas listos para propoñerllos ós nosos alumnos. Ditos proxectos se poden utilizar incluso sin dispoñer do programa instalado no ordenador, xa que se poden visualizar cun simple navegador en forma de applet.

A seguinte presentación pretende ser un manual básico da utilización de JClic para a realización de actividades. Non se trata nela da creación das mesmas. Os interesados neste último aspecto poden encontrar excelentes videotutoriais paso a paso na páxina de Domingo Méndez.



Saúdos.

No hay comentarios: