domingo, 30 de enero de 2011

ABALAR, MINICHULETAS DE PIZARRA DIXITAL NO UBUNTU (III)

Continuando cos botóns da barra de ferramentas, temos outros 12 botóns:




  1. O primeiro, unha frecha, serve para seleccionar os elementos que teñamos na páxina.
  2. O seguinte, un rotulador, serve para seleccionar a cor do rotulador co que queremos escribir.
  3. O seguinte é novamente un rotulador, pero este botón permite escoller entre varios rotuladores creativos ou artísticos.
  4. O seguinte está representado por un borrador, onde poderemos escoller o tamaño do borrador.
  5. O seguinte é unha línea rematada en frecha, e vainos permitir debuxar todo tipo de líneas RECTAS.
  6. O seguinte representado por un cadrado e un círculo vainos permitir inserir na páxina diferentes formas (dende cadrados, triángulos, pentágonos ata bocadillos para comics).
  7. O rotulador con un cadrado vermello é o rotulador que recoñece as formas. Podemos debuxar un triángulo a mán e él o recoñecerá como tal. (Non se pode levantar o lápiz mentras debuxas a forma).
  8. O rotulador con estrellas é o rotulador máxico. Este rotulador escribe pero o cabo de un tempo o escrito DESAPARECE.
  9. O símbolo do cubo de pintura permite encher formas cerradas coa cor escollida.
  10. A letra A, permite inserir texto mediante teclado.
  11. O seguinte símbolo permite modificar as propiedades.
  12. e finalmente o último representado por un círculo azul permite mover a barra de ferramentas de forma que a poidamos situar arriba ou abaixo.

No hay comentarios: